venres, 7 de xuño de 2013

xoves, 6 de xuño de 2013

Mensaxe Recibida 12: Encontro inesperado na procura de Xián.

Úrsula vai cara o Piñeiral no que quedou Xián. A súa amiga Núria acompáñaa. No canto de atoparen a Xián aparecen dúas amigas coas que non contaban ...

Mensaxe recibida 11: Secuestro de Xián

Quen estaba esperando no baño a Xián? Está claro que as súas intencións non son boas.

Mensaxe Recibida 10: Claudia e a amiga buscan a Xián

Claudia revélalle a unha amiga a súa relación con Xián. Xuntas van á súa procura no Piñeiral do Crego.

mércores, 5 de xuño de 2013

martes, 4 de xuño de 2013

luns, 3 de xuño de 2013

Mensaxe Recibida 04: Conversa a dúas bandas.

Estudando Latín pola tarde xorde o tema da mañá. As amigas de Úrsula e Claudia descobren algo que non se atreven a contarlles.

Mensaxe Recibida 03: WhatsApp na clase

Xián está na clase moi atento ... ao whatsapp. Case simultaneamente recibe dúas mensaxes moi parecidas. Úrsula e Claudia tampouco teñen a cabeza nas explicacións do encerado. A unha delas pode terlle consecuencias.

Mensaxe Recibida 02: Chegada ao IES de Chapela

Xián chega ao IES de Chapela pola mañá co seu amigo. Quere presentarlle a algúen moi especial ... pero ten un problema.

Mensaxe Recibida 01: Acordando

Comeza un novo día en Chapela.
Parece que Claudia e Úrsula están hoxe moi contentas.
Teñen un motivo especial para devecer por ir ao Instituto ...

COMEZA A HISTORIA

HOXE COMEZA A HISTORIA QUE VAI CAMBIAR O IES DE CHAPELA
A partir deste momento irás coñecendo os feitos en tempo real.